A xornada comezará ás 11.00 h na Casa do Concello coa rolda de prensa da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas. Presentarase o banco de recursos "Troca e Retroca", unha iniciativa que se porá en marcha en colaboración coa asociación Acougo. Na rolda de prensa tamén participará a directora da entidade, Carmen Dourado.
Posteriormente, ás 12.00 h, na Cidade da Cultura (Museo Centro Gaiás), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participará no acto de presentación da escultura "A Santa" de Francisco Asorey.
Xa pola tarde, ás 13.30 h, no Salón Vermello, terá lugar unha recepción ás crianzas saharauís que participan no programa de acollemento organizado pola Asociación Solidariedade Galega co pobo saharauí para Santiago de Compostela.




