A área de Farmacia e ciencias farmacéuticas é a que obtén unha posición máis salientable, no chanzo 39 mundial, ascendendo dende o posto 45 do ano anterior. Séguenlle Ciencia e enxeñería ambiental, Ciencia e tecnoloxía dos alimentos, Ciencias veterinarias, e Odontoloxía e ciencias bucais, todas elas situadas no intervalo 151-200.
Ademais, Biotecnoloxía, Ciencias agrícolas, e Estatística sitúanse no grupo 201-300. No chanzo 301-400 atópanse Física, Ecoloxía, Ciencias Atmosféricas, Saúde Pública, e Psicoloxía. Pola súa parte, Química e Xestión ocupan o posto 401-500.
O Global Ranking of Academic Subjects (GRAS), popularmente coñecido como Ránking de Shanghai por materias, avalía universidades de todo o mundo en 57 disciplinas. Esta clasificación baséase en nove indicadores obxectivos agrupados en cinco categorías: profesorado de talla mundial, produción científica, investigación de alta calidade, impacto da investigación e colaboración internacional.




