O programa está dirixido a nenos e nenas nados entre 2014 e 2022, que deberán ter o empadroamento no Concello de Brión para poder inscribirse.
As datas nas que se desenvolverá a actividade son o 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de Decembro de 2026, e o 4, 5 e 7 de Xaneiro de 2027. O horario será de 8:00 a 15:00 h. no Centro Social Polivalente.
O prezo da actividade variará segundo a renda familiar. A inscrición poderá realizarse na sede electrónica do Concello ou no Rexistro Auxiliar do Centro Social Polivalente ata o 22 de Novembro de 2025 ás 23:59h.
Para máis información, pódese contactar co Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 50 99 10.




