O encontro reunirá a profesionais de bibliotecas, divulgación e investigación para reflexionar sobre o papel das bibliotecas públicas na promoción da cultura científica e o pensamento crítico. A UCC do CSIC Galicia terá un papel destacado nas sesións da mañá e nas actividades prácticas da tarde.
Ás 13:40 horas, a responsable da unidade, Patricia Quintas Pérez, impartirá o relatorio "Ciencia na biblioteca: colaboracións entre a UCC+I CSIC Galicia e as bibliotecas públicas de Galicia". Abordará as posibilidades de colaboración para achegar o coñecemento científico á cidadanía a través de actividades de divulgación, formación e promoción da lectura científica.
A xornada contará tamén coa participación da divulgadora científica Deborah García Bello e dos investigadores Julia Hidalgo e Brais Estévez, ademais de representantes de bibliotecas de Galicia, Portugal e Andalucía que compartirán experiencias de éxito na difusión da ciencia.
Pola tarde, dentro do programa de obradoiros simultáneos, Patricia Quintas Pérez, Ignacio González-Puelles de Antonio e Isabel Gutiérrez Díaz impartirán "Todo está nos libros, tamén a ciencia". Esta proposta práctica mostrará como as bibliotecas poden aproveitar os seus fondos bibliográficos para fomentar a curiosidade científica e o pensamento crítico.




