A situación de emerxencia operativa, decretada pola proximidade das lapas a tres núcleos de poboación —Casal de Vello, As Barxas e Penarrubia—, foi levantada ao evolucionar o lume favorablemente cara á súa estabilización.
O incendio forestal, que se iniciou ás 15:25 horas do martes, afecta provisionalmente a unha superficie de 360 hectáreas. Para a súa extinción foron mobilizados, de forma acumulada, un total de 10 técnicos, 42 axentes, 52 brigadas, 37 motobombas, 8 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 12 helicópteros e 12 avións.
A Consellería do Medio Rural recorda á cidadanía a importancia de alertar sobre calquera foco de lume chamando ao teléfono gratuíto 085. Tamén se dispón da aplicación móbil ALume para informar sobre incendios activos e dun teléfono anónimo (900 815 085) para denunciar actividades delituosas relacionadas con incendios. A información actualizada sobre incendios de máis de 20 hectáreas está dispoñible na conta de X @incendios085.




