O Concello sumouse á declaración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para recoñecer e visibilizar o papel das mulleres rurais no desenvolvemento económico, social e cultural dos municipios, e reivindicar a igualdade de oportunidades.
Durante a lectura púxose en valor a contribución das mulleres que, xeración tras xeración, traballaron no campo, no mar, no comercio e nos coidados, contribuíndo ao progreso das parroquias e ao mantemento da vida no rural.
Con este acto, o Concello de Poio reafirma o seu compromiso coa igualdade e co recoñecemento do traballo das mulleres rurais, fundamentais para o presente e o futuro do municipio.




