A cita final terá lugar ás 19:00 horas no Edificio Castelao. O conxunto encargado de pechar o ciclo é o Teucro Trío, que presentará o programa titulado Unha viaxe pola Europa do Barroco. Esta proposta musical explora a evolución da música instrumental a mediados do século XVII, destacando o xénero da sonata en trío.
O repertorio escollido para esta ocasión inclúe pezas de compositores como Marco Uccelini, Francesco M. Veracini, Santiago de Murcia, Andrea Falconiero, Dietrich Buxtehude e Jacques Morel. A actuación pon o broche final a unha programación que comezou o pasado 16 de xullo e que contou con outras dúas sesións previas.
O acceso a este concerto, do mesmo xeito que nas xornadas anteriores, é de carácter libre ata completar a capacidade da sala. O ciclo estivo coordinado polo profesor da Universidade de Vigo, Luís Costa Vázquez.




