O espazo busca concienciar sobre a importancia da non discriminación e do bo trato, ademais de ofrecer asesoramento e previr calquera situación de violencia contra as mulleres ou o colectivo LGTBI.
A iniciativa, impulsada pola Xunta de Galicia, tamén desenvolve actividades que promoven modelos de comportamento que rexeitan o machismo e favorecen as dinámicas relacionais saudables.
Eloína Ingerto destacou que estes puntos son parte dunha estratexia da Xunta para estar presente nos principais festivais de verán, como xa se fixo noutros eventos como o Festival de Ortigueira ou o Portamérica.




