Fernández destacou na presentación a calidade dos clubs galegos e a importancia de apoiar o deporte base. A competición reunirá deportistas de todas as idades e dividirase en categorías amateur e de ranking, estas últimas puntuables para a selección autonómica.
O delegado salientou o valor destas competicións para promover hábitos saudables e transmitir valores como o esforzo, a disciplina e o respecto. A xornada desenvolverase en horario de mañá e tarde, a partir das 9:30 horas, permitindo ver sobre o tapiz tanto aos máis pequenos como aos deportistas adultos.




