A bodega do Banco de Alimentos de Ourense amosa un baleiro desolador, afectado por causas externas como o encarecemento de combustibles e problemas sociodemográficos propios da provincia. En marzo deste ano, Ourense rexistrou a maior suba do IPC de España, alcanzando un 4,2% interanual.
O encarecemento progresivo da cesta básica, cunha suba do 39,9% nos últimos cinco anos, golpea directamente a economía familiar. A isto súmanse incrementos significativos no recibo da auga (40,4%) e nos custos vinculados á vivenda, sendo estes os apartados que máis creceron na provincia.
O custo de vida en Ourense escalou un 24,7% no último lustro, superando a media galega (23,4%) e a nacional (22,4%). Unha cesta de bens que en 2021 custaba 1.000 euros, hoxe require un desembolso de 1.247 euros para os fogares ourensáns.
A responsable do Banco de Alimentos, Natalia González, describe a realidade: "Non dispoñemos de produtos básicos. Quedamos sen aceite, leite, galletas, cacao, pasta nin arroz". As doazóns monetarias tamén diminuíron, xa que moitas persoas atópanse en situacións críticas e o valor dos alimentos incrementouse.
González sinala que a capacidade de axudar redúcese drasticamente, afectando a 3.000 familias, incluíndo 500 nenos que dependen do comedor escolar e que quedarán sen axuda no verán. A isto súmase unha apatía xeral cara ao voluntariado.
En xuño lanzaranse novas propostas a centros de ensino para captar voluntarios na campaña da 'Gran Recollida', buscando perfís xoves e carismáticos capaces de sensibilizar aos potenciais doantes.




