Aviso amarelo por choivas no sur de Ourense

Meteogalicia prevé precipitacións de 15 litros por metro cadrado entre as 12:00 e as 15:00 horas do mércores.

Imaxe xenérica de nubes de tormenta escuras sobre unha paisaxe galega con choiva intensa.
IA

Imaxe xenérica de nubes de tormenta escuras sobre unha paisaxe galega con choiva intensa.

O sur de Ourense, con 34 concellos afectados, estará baixo aviso amarelo por choivas este mércores 26 de agosto.

A provincia de Ourense comezará o curso académico baixo a ameaza de choivas intensas. Os modelos de Meteogalicia activaron un aviso amarelo que afecta a todo o sur da provincia, abarcando un total de 34 concellos. Entre eles atópanse localidades como Allariz, Xinzo de Limia, Verín, Muíños, A Merca, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía ou Vilardevós.
Entre as 12:00 e as 15:00 horas do mércores, estes municipios poderían rexistrar episodios de precipitacións de arredor de 15 litros por metro cadrado. O servizo meteorolóxico recomenda precaución á hora de desprazarse, evitar achegarse a zonas susceptibles de inundación e manterse lonxe dos cursos de auga.
De cara ao xoves, a previsión indica unha lixeira melloría, sen avisos activos en Ourense, aínda que se mantén unha alta probabilidade de precipitacións, próxima ao 95%. Esta situación meteorolóxica, con temperaturas en lixeiro ascenso pero sen superar os 30ºC, prevese que se manteña polo menos ata o venres.