As columnas de fume, visibles dende concellos como Amoeiro ou Maside, alertaron da magnitude do lume. O incendio orixinouse pasadas as 13:30 horas e, segundo as informacións, non afectou á circulación de alta velocidade.
Os servizos de extinción atópanse actualmente traballando para controlar e apagar as chamas na zona de Armeses. A situación mantense activa e as causas do incendio descoñécense por agora.




