BNG impugna o orzamento do Concello de Ourense por "defecto de forma"

O BNG rexistrará unha reclamación formal para rexeitar as contas municipais de 2026 por supostas irregularidades no procedemento de aprobación.

Imaxe xenérica dun concello galego con luz solar.
IA

Imaxe xenérica dun concello galego con luz solar.

O BNG presentará hoxe unha reclamación formal para impugnar o proxecto de Presupostos do Concello de Ourense para 2026, aprobado inicialmente a pasada semana, alegando un "defecto de forma e fondo insalvable".

O BNG rexistrará hoxe unha reclamación formal co obxectivo de impugnar o proxecto de Presupostos do Concello de Ourense para o exercicio 2026. A formación nacionalista, cuxo portavoz municipal e candidato á alcaldía para 2027 é Luís Seara, considera que as contas aprobadas inicialmente a pasada semana presentan un "defecto de forma e fondo insalvable" que debe levar ao pleno a rexeitalas.
Segundo o documento que presentará o BNG, "non expediente do proxecto aprobado inicialmente, non figura en ningún caso o preceptivo informe elaborado pola Intervención Xeral". O partido subliña que este trámite é "absolutamente obrigatorio" antes de elevar o proxecto ao pleno e resulta "de vital importancia á hora de poder avaliar o proxecto no seu conxunto desde o punto de vista da legalidade vixente e do seu axuste á normativa económica e procedimental aplicable".
Na súa reclamación, o BNG advirte de que aprobar os presupostos "a cegas" podería impedir certificar a viabilidade económica e expor ao Concello ao risco de "incorrer na omisión do crédito necesario para o cumprimento de obrigacións esixibles ou mesmo por seren de manifesta insuficiencia os ingresos proxectados con relación aos gastos orzamentados". Como exemplo desta falta de fondos, o escrito sinala o contrato do servizo de transporte urbano, alertando de que as cantidades consignadas "non son dabondo para cubrir todas as necesidades do servizo".