A celebración, que tivo lugar no Centro de Inserción Social (CIS) Carmela Arias e Díaz de Rábago da Coruña, serviu para recoñecer o traballo diario dos profesionais das Institucións Penitenciarias. A delegada felicitou persoalmente aos galardoados.
Este labor é esencial e vai máis alá das funcións propias do ámbito penitenciario, co obxectivo principal de favorecer a recuperación da autonomía e a integración social das persoas privadas de liberdade.
Destacouse a importancia da colaboración entre as distintas institucións e axentes sociais para ofrecer oportunidades ás persoas en procesos de reinserción, contribuíndo así a unha sociedade máis cohesionada e inclusiva.
O evento reuniu a representantes do ámbito xudicial, das forzas e corpos de seguridade, das administracións públicas e de entidades sociais colaboradoras co CIS Carmela Arias e Díaz de Rábago.




