A iniciativa, xestionada polas concellerías de Sanidade e Promoción Económica, busca garantir a atención sanitaria no contorno rural e evitar desprazamentos innecesarios aos veciños e veciñas de avanzada idade ou con problemas de mobilidade.
A concelleira de Sanidade, Ana Cartelle, e a de Promoción Económica, Isabel Rego, destacaron a importancia de "velar pola calidade de vida dos veciños e veciñas de avanzada idade", especialmente nun concello "eminentemente rural e cunha gran dispersión poboacional" onde o acceso a servizos pode ser complicado.
Este proxecto, que conta co apoio económico da Deputación da Coruña, desenvólvese con fondos propios do goberno local e está deseñado para atender casos que requiren intervención profesional urxente ou continuada, como o seguimento de pacientes con diabetes ou outras patoloxías podolóxicas.
O servizo será realizado polo podólogo Alberto Pita, quen se desprazará aos domicilios dos usuarios para realizar a atención requirida, facilitando así o coidado dos beneficiarios.




