Portos e Concello de Cariño estudan un Museo da Conserva

A presidenta de Portos de Galicia e a alcaldesa de Cariño exploran a colaboración para dar novo uso a antigas conserveiras.

Imaxe 1 de 3 asociada á nova

Xunta de Galicia · 2026-09-30

A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, e a alcaldesa de Cariño, Ana María Díaz, reuníronse para estudar a colaboración na creación dun Museo da Conserva.

A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, e a alcaldesa de Cariño, Ana María Díaz, mantiveron unha reunión na sede do ente público para explorar vías de colaboración co obxectivo de impulsar un museo da conserva nunha das naves das antigas conserveiras do porto de Cariño, actualmente en desuso.
Botana ratificou a vontade de Portos de Galicia de colaborar, dentro das súas competencias, na recuperación destes inmobles, destacando a importancia de iniciativas como a proposta polo Concello para preservar o patrimonio inmaterial das vilas mariñeiras.
Ambas as partes coincidiron na necesidade de realizar actuacións de conservación nas instalacións para previr novos danos estruturais, como o ocorrido na cuberta dunha nave, e para minimizar os riscos ante os vindeiros temporais.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (30/09/2026)