Os fondos, procedentes do Plan +Provincia, permitirán mellorar este elemento patrimonial. O concello de Mondariz Balneario recibirá este ano preto de 550.000 euros en total, sumando 322.000 euros do 2026 e un adianto de case 225.000 euros da liña de investimentos do 2027.
As actuacións previstas inclúen a limpeza dos muros de pedra do pío con auga e cepillo brando, así como o desmontaxe da cuberta actual, que contén placas de fibrocemento con amianto. Executarase unha nova estrutura de madeira tratada contra fungos e insectos, e colocarase unha cuberta con tellas cerámicas.
Ademais, limparase o terreo da contorna, instalarase unha rede de alumeado con dous proxectores LED para iluminar o lavadoiro e repoñerase o pavimento deteriorado cunha superficie continua de formigón. Tamén se repararán as superficies de formigón existentes no conxunto.




