As actuacións, que xa finalizaron, centráronse na mellora de tramos de camiños públicos municipais que presentaban un notable deterioro, especialmente agravado durante a época de choivas. O obxectivo principal é garantir un acceso seguro e adecuado para os residentes ás súas vivendas.
Entre os lugares beneficiados por estas melloras atópanse Pazos de Coroño, Boiro de Arriba, A Armada, A Aspra, Cubeliños e O Saltiño. A intervención en Pazos de Coroño foi unha das últimas en completarse.
“"Seguimos traballando en pequenas obras nos núcleos rurais para a súa mellora con actuacións de asfaltado pero tamén coa renovación de luminarias ou o cambio de contedores."
O investimento total para estas obras ascende a 153.206 euros, e a financiación provén integramente da Deputación da Coruña, a través do seu programa Plan Único Concellos (POS+).




