O acordo, que contou cos votos a favor do Partido Popular, a abstención do Bloque Nacionalista Galego e a ausencia do Partido Socialista, destinarase a cinco proxectos clave para o desenvolvemento do municipio.
O plan de actuacións recolle a segunda fase de humanización do núcleo de A Silva, na parroquia de Goiáns (226.123 euros); o saneamento do lugar de Pedra de Lobo e conexión á rede en Resúa, na parroquia de Nebra (43.067 euros); a mellora da capa de rodadura do camiño municipal na parroquia de Xuño (146.426 euros); a mellora da capa de rodadura no núcleo de A Tarela, na parroquia de Noal (75.920 euros); e a mellora da capa de rodadura no núcleo de Tarrio, na parroquia de Queiruga (211.365 euros).
Estas actuacións, financiadas con fondos provinciais, buscan contribuír ao desenvolvemento equilibrado de todas as parroquias e reforzar o compromiso do grupo de goberno cunha xestión próxima e orientada ao interese xeral.




