O lume declarouse ás 14:42 horas e, ata o momento, a Consellería do Medio Rural non facilitou unha estimación da superficie que xa foi arrasada polas lapas.
Para combater as chamas, estase a empregar un amplo dispositivo que inclúe medios aéreos e terrestres. Participan na extinción cinco helicópteros, catro avións, oito brigadas, cinco motobombas, dúas pas, seis axentes, un técnico e dúas unidades técnicas de apoio.
A magnitude do incendio xerou unha considerable columna de fume, que se fixo visible dende diversas zonas da comarca do Barbanza.




