O lume comezou ás 14:42 horas deste luns. Segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, o dispositivo de control conta con cinco helicópteros, catro avións, oito brigadas, cinco motobombas, dúas palas, seis axentes e diverso persoal técnico.
Durante as labores de control, un brigadista que conducía unha motobomba sufriu un accidente ao saírse da pista e caer por un barranco. O traballador foi trasladado ao Hospital do Barbanza con feridas leves e permanece en observación.
Por outra banda, a Consellería do Medio Rural confirmou a extinción doutro conato de incendio no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no municipio de Calvos de Randín, que afectou a 0,3 hectáreas.




