A brigada, distribuída en 3 grupos, encargouse da limpeza manual de todos os areais e das áreas adxacentes. O obxectivo foi manter en óptimas condicións de uso a zona costeira e preservar o valor natural e ecolóxico dos espazos que conforman a fachada litoral do concello.
Estes traballos foron posibles grazas ao programa MA100, de subvencións para a limpeza de praias marítimas, financiado ao 100% pola Deputación da Coruña. A achega total para este exercicio 2026 foi de 30.959,06€.
O Concello de Carnota xa está a preparar a nova convocatoria para 2027, co obxectivo de intensificar os esforzos para manter os areais en perfecto estado e preservar os seus valores medioambientais.




