Os traballos, que xa comezaron coa reapertura de cunetas, teñen como obxectivo principal a mellora integral do firme e a sinalización vertical. As vías afectadas son a LU-P-3003, que conecta a localidade con N-640 a través de Leiras, e a LU-P-3005, que une Couso con Vilar de Corota.
Ademais, intervirase nun tramo de 5,7 quilómetros da LU-P-4806, que enlaza Vilaxe pasando por Galegos e A Ribeira de Piquín. A empresa encargada da execución das obras, Construcciones Carballeira SL, dispón dun prazo dun mes e medio para completar os traballos.
“"Son tres vías que desenvolven un papel esencial na mobilidade do propio concello como no conxunto da comarca, porque vertebran o territorio na contorna conectando parroquias e núcleos dispersos de poboación e facilitan o acceso a servizos básicos."
Desde o ente provincial subliñan a importancia destas infraestruturas para a comunicación entre as explotacións agrícolas e gandeiras da zona, así como para a seguridade e comodidade dos residentes. O investimento total ascende a 221.397,2 euros.




