O lume orixinouse na parte baixa da Autovía do Morrazo, preto da rotonda que se dirixe á parroquia de Meira, en dirección á Torre de Meira. A declaración do incendio xerou preocupación na localidade.
Polo momento, descoñécese o alcance exacto do incendio. Dende a Comunidade de Montes estanse a organizar todos os medios dispoñibles co obxectivo de atallar as chamas e evitar a súa propagación. A prioridade é controlar a situación canto antes.
Segundo as informacións preliminares, non hai ningunha vivenda en perigo inmediato. As autoridades monitorizan a evolución do lume e a seguridade dos veciños da zona afectada.




