A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático concedeu esta subvención ao Concello de Outeiro de Rei, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), para o desenvolvemento do proxecto “ACTUACIÓNS DE INFORMACIÓN E DIVULGACIÓN DOS ESPAZOS PROTEXIDOS DE OUTEIRO DE REI”.
Estas actuacións consisten na publicación duns mapas detallados do territorio que recollerán as distintas rutas de sendeirismo. O obxectivo é orientar ás persoas usuarias no coñecemento dos valores ambientais e dos espazos naturais que conforman o municipio.
Ademais, colocarase un mapa do Concello de Outeiro de Rei coa información dos espazos protexidos e as rutas de sendeirismo. Este mapa servirá como punto de información tanto para os visitantes como para os propios habitantes da localidade.
A orde de axudas, publicada o 30 de decembro de 2025, está enmarcada no Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia e busca fomentar a conservación, recuperación e sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000, parques naturais e reservas da biosfera galegas.




