Esta contratación realízase ao abeiro da Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, do 11 de xuño de 2026, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A iniciativa está cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.
A persoa contratada desenvolverá as súas funcións en diferentes servizos municipais, executando e apoiando actividades recreativas e de entretemento. O obxectivo principal é proporcionarlle unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa posterior inserción laboral, mellorando así a empregabilidade deste colectivo.




