O encontro busca dar visibilidade aos proxectos emprendedores da contorna e descubrir posibles colaboracións e sinerxías. A directora xeral destacou a importancia do evento para reunir persoas emprendedoras e puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta, que ofrece asesoramento gratuíto e personalizado en 15 oficinas por toda Galicia.
Vázquez Guzmán invitou ás iniciativas participantes a compartir as súas experiencias e necesidades para extraer conclusións que beneficien a todas as partes. Ademais do polo de Monforte, na provincia de Lugo funcionan outros en Mondoñedo, Friol, A Fonsagrada e Sarria.




