Os traballos implicaron a poda de varias ramas e a posterior tala do tronco principal, que foi derrubado coa axuda dun camión guindastre.
O suceso, que causou danos materiais no vehículo pero sen feridos, xerou expectación entre os viandantes que paseaban pola zona, onde se concentran as instancias xudiciais da capital lucense.
Ademais, os operarios tamén revisaron e podaron ramas doutros plátanos da Rúa Puro Cora que presentaban mal estado, co obxectivo de previr futuros incidentes.




