O obxectivo principal destas sesións é ofrecer información clara, accesible e actualizada a todas aquelas persoas que poidan beneficiarse deste procedemento, así como a quen desexe orientar ou acompañar a posibles solicitantes. As charlas abordarán aspectos clave como o perfil dos beneficiarios, os requisitos necesarios, os prazos, os métodos de presentación e o procedemento de resolución, ademais da vixencia do permiso.
A iniciativa comezou o mércores en Melide e continuará este xoves, 22 de abril de 2026, en Becerreá ás 11:00 horas e no Seminario Menor Diocesano de Lugo ás 17:00 horas. A programación tamén inclúe unha sesión o luns 27 de abril no centro cívico de Monforte de Lemos e o día 30 de abril na Casa da Cultura de Sarria.
Con esta programación, a organización reafirma o seu compromiso coa inclusión social e o acompañamento a persoas en situación de vulnerabilidade, proporcionando ferramentas informativas que faciliten a súa integración e o exercicio dos seus dereitos.




