O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá as instalacións da escola infantil de Muxía para comprobar o avance das obras de mellora. Estivo acompañado polo alcalde, Javier Sar, a tenente de alcalde, Sandra Vilela, e a concelleira de Educación, Aurelia Picallo.
Os traballos, que estarán concluídos para o inicio do curso escolar o vindeiro 7 de setembro, mellorarán a actividade do centro, pertencente á rede pública autonómica. A reforma consiste na ampliación da zona de descanso, que contará con novos pavimentos, teitos, acabados interiores e instalacións de electricidade e ventilación.
O ente autonómico financia con máis de 18.000 euros estas obras, que foron contratadas e executadas polo Concello de Muxía.




