O obxectivo desta medida é dar maior seguridade xurídica a este tipo de instalacións, concluíndo un proceso administrativo que comezou en 2019. A normativa local adáptase aos decretos aprobados pola Xunta de Galicia nesta materia.
Permitirá avaliar que espazos do territorio poden acoller estas infraestruturas, tendo en conta as limitacións paisaxísticas e patrimoniais. Busca tamén reforzar a seguridade xurídica de promotores e emprendedores, establecendo unha implantación ordenada e respectuosa co medio.
A modificación nº13 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Valdoviño, que recolle estes cambios, foi publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP), sendo este un paso previo necesario para a súa entrada en vigor.




