A familia do home presentou unha denuncia ante a Policía Nacional tras non ter noticias del dende o sábado pola mañá. Agora, solicitan a colaboración cidadá para o seu regreso seguro a casa.
A última vez que se viu a González Mauriz foi ás 10.00 horas do sábado, cando se atopaba no caixeiro da entidade Abanca, situado na Porta de Neira, no barrio de Catabois, en Ferrol.
O home desaparecido, que é asesor de Terra Galega e reside en Narón, podería estar a circular no seu vehículo, un Opel Corsa de cor gris e matrícula 3403 LLG. Descrito como alto, de complexión delgada, con pelo canoso semilongo e que usa lentes, a súa localización é urxente.
Calquera información que poida axudar a dar co seu paradoiro pode ser comunicada a través do 112 ou do 062. As forzas e corpos de seguridade do Estado e os seus familiares continúan co operativo de busca.




