A presentación oficial da proba tivo lugar o pasado martes no Centro Cívico Sociocultural, coa presenza do alcalde, Juan Alonso Tembrás, e da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.
Organizada pola Escudaría As Somozas, coa colaboración do Concello e o apoio da Xunta de Galicia, esta edición será puntuable para o Campionato Galego de Rallysprint 2026.
Esta primeira edición destaca a tradición automobilística de Ferrolterra e ten como obxectivo dinamizar o municipio, atraer visitantes e dar visibilidade á zona.
A organización convida á veciñanza e aos afeccionados do motor de toda Galicia a achegarse a As Somozas para desfrutar do automobilismo galego.




