Os traballos permitirán renovar os principais accesos a este núcleo rural, mellorando a seguridade viaria, a accesibilidade e as condicións de circulación. A actuación, moi demandada pola veciñanza, conta cunha achega da Consellería do Medio Rural para a mellora de camiños rurais no período 2026-2027.
O proxecto, adxudicado á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos S.L.U., contempla a mellora de tres viarios municipais. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, supervisou hoxe o inicio das obras, destacando que "seguimos avanzando na mellora da rede viaria municipal, especialmente no rural, onde contar con boas comunicacións é fundamental para a calidade de vida da veciñanza".
Ademais da intervención principal, o contrato inclúe melloras ofertadas pola adxudicataria sen incremento de custo, valoradas en 8.565,32 euros. Estas inclúen a regularización do firme cunha capa de aglomerado asfáltico en quente, a limpeza dun paso de drenaxe obstruído e a instalación de dous elementos de suxeición para contedores.
O goberno municipal xa mantivera un encontro coa veciñanza de Sar para explicar o proxecto e recoller achegas. Con esta intervención, o Concello de Silleda continúa coa mellora progresiva da rede viaria municipal e das comunicacións nos núcleos rurais.




