Esta iniciativa busca apoiar a integración das persoas mozas no mercado laboral, mellorando a súa empregabilidade e inserción profesional. Ao mesmo tempo, preténdese reforzar o persoal da secretaría municipal para a tramitación de expedientes.
A persoa contratada realizará un traballo efectivo que lle achegue experiencia profesional para a súa integración sustentable no mercado de traballo, ademais de desempeñar tarefas de interese para a veciñanza.
O programa está financiado nun 60 % pola Unión Europea, no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027. Encádrase dentro do Obxectivo político 4, que busca unha Europa máis social e inclusiva, e da prioridade de Emprego xuvenil.
O obxectivo específico ES04.1 céntrase en mellorar o acceso ao emprego e as medidas de activación para demandantes de emprego, especialmente mozas, parados de longa duración e colectivos desfavorecidos, ademais de promover o emprego por conta propia e a economía social.




