O titular de Emigración mantivo un encontro de traballo con Fernando Eisenberg Bugallo, fundador da Asociación Cultural Galega do Centro Español de Porto Alegre e responsable da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Río Grande do Sul (ACASARGS). A xuntanza serviu para coñecer de primeira man o traballo destas entidades na comunidade galega do Brasil e na difusión da cultura xacobea.
Miranda quixo agradecer o esforzo destas organizacións na divulgación do Camiño de Santiago e animou a continuar con esta tarefa, destacando que "é o labor de cada galego e galega no exterior a mellor maneira de divulgar o Camiño".




