A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe un encontro co alcalde de Valga, José María Bello, co fin de estudar posibles vías de colaboración entre ambas partes para impulsar a recuperación de terreos neste concello mediante figuras como os polígonos agroforestais.
O obxectivo destas iniciativas é poñer a producir as terras que se atopan en estado de abandono ou infrautilización. Isto pode incluír a restauración da propiedade, así como o acondicionamento das parcelas e as infraestruturas viarias necesarias.




