A Escola de Música Municipal de Valga aposta pola divulgación musical con concertos didácticos dirixidos a escolares. Nas últimas xornadas, o Auditorio acolleu estas sesións, que contaron coa presenza duns 500 alumnos de Infantil e Primaria. Participaron centros educativos tanto de Valga como de Pontecesures, incluíndo o CRA de Valga, o CEIP Baño-Xanza, o CEP Xesús Ferro Couselo, o CPI Pontecesures e os usuarios do CODI.
O profesorado da Escola de Música foi o encargado de ofrecer estes concertos, interpretando un conto musical. A historia centrouse nunha nena apaixonada pola música que viaxaba por diferentes mundos sonoros, servindo como vehículo para presentar as familias instrumentais: corda, percusión, vento madeira e vento metal. Deste xeito, os escolares puideron identificar os sons e características de cada instrumento dunha forma amena.
A actividade tamén se caracterizou polo seu carácter interactivo. Varios alumnos subiron ao escenario para probar os instrumentos e experimentar o rol de directores de orquestra por un día.
“"Con actividades coma esta Escola Municipal de Música mantén o seu compromiso coa formación cultural e o fomento do interese pola música entre a mocidade do concello e da bisbarra."




