A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde de Moraña, José Luis Gómez, na que se abordaron diferentes asuntos de interese para os veciños deste concello. A reunión centrouse na análise da colaboración entre ambas as partes en materia de mellora de infraestruturas municipais.
Neste sentido, cómpre lembrar que Moraña foi beneficiaria dunha achega dentro da convocatoria para 2025-2026 do Plan Camiña Rural que supera os 52.000 euros.




