A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático autoriza esta nova ocupación, de uso xeral, público e gratuíto, que conectará o Camiño de Telle e a rúa Marisma, no núcleo da vila, coa aldea de Bañobre. A solicitude fora presentada ante a Demarcación de Costas do Estado en Galicia en 2024.
Este título concesional, cuxo anuncio publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, regulariza a ocupación para crear un itinerario peonil seguro entre os núcleos situados a ambos os lados da marisma. O expediente recibiu o Servizo do Litoral da Coruña o verán pasado, tras asumir a Xunta o traspaso efectivo das funcións e servizos para a xestión da costa.
A concesión, outorgada por 15 anos prorrogables ata un máximo total de 30, autoriza exclusivamente a ocupación do DPMT. Non exime ao Concello de Miño da obtención de todos os demais permisos, licenzas ou autorizacións que resulten esixibles conforme á normativa sectorial.




