O sinistro, no que se viron implicados un turismo e un SUV, tivo lugar na xornada do sábado. Como consecuencia do impacto, o condutor do primeiro vehículo foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario da capital lucense. O outro implicado, que viaxaba só no segundo automóbil, resultou ileso.
Segundo as primeiras informacións, ambos os implicados serían veciños da zona. Aínda se descoñecen as causas exactas do accidente, aínda que todo apunta a que un dos vehículos podería estar a iniciar unha manobra para desviarse cara a unha pista no momento da colisión.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do subsector de Tráfico da Garda Civil, persoal sanitario, unha ambulancia e membros do GES de Monterroso.
O aviso ao servizo de emerxencias 112 Galicia foi realizado por un particular ás 18:08 horas deste sábado.




