A Escola de Música da Cañiza xa ten aberta a matrícula para o novo curso escolar 2026-2027. A oferta formativa inclúe o descubrimento, aprendizaxe e perfeccionamento de diversos instrumentos musicais.
Os alumnos poderán escoller entre unha variedade de instrumentos como saxofón, clarinete, piano, guitarra, baixo eléctrico, batería e percusión. Ademais, a escola complementa a formación instrumental con materias que favorecen o desenvolvemento musical integral.
Entre as asignaturas complementarias ofértanse linguaxe musical, combos / conxuntos, música e movemento, percusión urbana, harmonía moderna e introdución á improvisación.
Para máis información e para formalizar a matrícula, os interesados poden contactar a través do teléfono ou WhatsApp no número 637 949 076, ou mediante correo electrónico na dirección escolademusicadacaniza@gmail.com. Tamén se pode atopar información na páxina de Facebook da Escola de Música da Cañiza. Os horarios específicos de cada curso poderán consultarse directamente coa escola.




