Estas aulas están deseñadas para preparar aos asistentes para todos os niveis do CELGA (CELGA 1 a CELGA 5), así como para as validacións de estudos de galego. O CELGA é unha proba oficial adaptada ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e un requisito para acceder a postos de traballo na administración pública galega.
A formación terá lugar todos os xoves, a partir do 1 de outubro de 2026, en horario de 17:00 a 19:00 h. As clases impartiranse no 1º Andar da Casa da Cultura da Cañiza, na Aula CeMIT.
A inscrición e información adicional están dispoñibles na Biblioteca Municipal. O teléfono de contacto é o 986 66 30 69. Esta actividade formativa é completamente gratuíta e puntuable para oposicións.




