O Alcalde, Luis Piña, comunicou o inicio da tempada 2026-2027 do Complexo Deportivo Municipal, que inclúe a piscina e o ximnasio. O prazo de inscrición para os diferentes cursos e actividades permanece aberto.
Os interesados poderán realizar os trámites e obter máis información directamente na recepción da piscina climatizada. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 22:30 horas, e os sábados de 9:00 a 13:00 horas.
As tarifas experimentarán unha actualización baseada no IPC de 2025, que foi do 2,9 %. Ademais, como novidade, aplicarase un desconto do 10 % nos cursos de natación infantil.
Toda a oferta de cursos e actividades, así como os seus horarios e prezos, pode consultarse nas táboas informativas dispoñibles na publicación.




