Os axentes sospeitaron que o vehículo presentaba modificacións importantes e, tras unha inspección, confirmouse que o ciclomotor fora obxecto de "reformas de importancia". Isto invalidaba a ITV que posuía e implicaba que o condutor, veciño de Ribadeo, carecía do permiso de condución requirido para ditas alteracións.
A Policía Local sinala que a modificación supuña a transformación do ciclomotor nunha motocicleta, o que esixe un carné específico. Ademais da sanción económica, que roldaría os 1.000 euros polas tres infraccións, esta situación conleva a retirada de puntos do carné de conducir.




