A subdelegada do Goberno, Olimpia López, e a alcaldesa, Dolores García Caramés, presidiron a xuntanza, á que tamén asistiron representantes da Garda Civil, Tráfico, Policía Autonómica, Emerxencias e Policía Local.
O obxectivo principal foi analizar as medidas de coordinación entre os distintos corpos de seguridade para garantir o desenvolvemento normal destas festas, que atraen a miles de asistentes. A planificación inclúe "reforzos nos puntos de maior afluencia, unha resposta coordinada ante posibles incidencias e un operativo adaptado ás necesidades de cada evento".
Olimpia López destacou que a Garda Civil, Tráfico, Policía Autonómica e Policía Local participarán no dispositivo de seguridade para A Maruxaina. Tamén se abordou a situación xeral da seguridade cidadá no municipio, que rexistrou un descenso de case o 9% na delincuencia entre 2024 e 2025.




