O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este martes a nova ludoteca do parque Curuxeira en Ponteareas. A instalación, resultado da cooperación entre o Concello, a Xunta e a Deputación, supuxo un investimento total de 250.000 euros. A Deputación achegou 100.000 euros, o 41% do orzamento, para financiar a obra coa que se rehabilitou un edificio centenario sen uso.
A Xunta de Galicia financiou o 59% restante, preto de 150.000 euros. A intervención consistiu na rehabilitación completa do inmoble para convertelo nun espazo infantil destinado á organización de actividades educativas e lúdicas polo Concello. Incluíronse melloras en accesibilidade, eficiencia enerxética e distribución interior, creando un espazo versátil e integrado na contorna verde.
“"Ponteareas é campioa do mundo en atención á veciñanza e en proporcionar servizos de calidade. Aquí temos a mostra, na posta a disposición desta ludoteca."
Luis López eloxiou o proxecto, destacando que é un modelo para toda a provincia e recoñecendo o traballo da alcaldesa Nava Castro e o seu equipo na posta en marcha de iniciativas que axudan a facer fronte ao reto demográfico.
A Deputación de Pontevedra ten mobilizado máis de 7,5 millóns de euros en Ponteareas durante este mandato, a través de plans de cooperación, para impulsar proxectos como a nova escola infantil do parque Ferro Ucha (485.000€) ou melloras na piscina municipal (1,1M€).




