O obxectivo desta iniciativa é facilitar a integración da poboación inmigrante na contorna e servir de apoio para a solicitude do informe de esforzo de integración que emite a Xunta de Galicia, un documento clave nos procesos de renovación de autorizacións de residencia.
As sesións terán lugar todos os días, en horario de mañá, de 9:30 a 13:30 horas. A formación será impartida pola técnica de inmigración do Concello, Conchita Pernas.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de inclusión social da poboación inmigrante e conta co cofinanciamento da Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro das subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 ao 2027.
As persoas interesadas en obter máis información poden contactar cos teléfonos 982 586 000 e 982 580 609.




