Baixo o lema «Un concello que coida, un concello sen violencia», a xornada busca promover a participación cidadá e reforzar o compromiso colectivo coa igualdade e a erradicación da violencia machista.
A actividade central será «A Árbore das Voces», unha proposta na que os asistentes poderán deixar mensaxes, desexos e compromisos a favor do respecto e da liberdade, construíndo así unha árbore colectiva que simbolizará a unión veciñal.
O programa inclúe a creación desta árbore participativa, un minuto de silencio en lembranza das vítimas, a lectura dun manifesto institucional e a entrega dun pequeno agasallo como símbolo de compromiso coa igualdade.
O acto terá lugar o mércores, 25 de novembro de 2026, ás 12:00 horas no Salón Multiusos do Concello de Vilar de Santos.
O Concello anima a toda a veciñanza a participar nesta xornada de reflexión, lembranza e compromiso, lembrando que «a igualdade constrúese cada día e a loita contra a violencia machista é responsabilidade de todas e todos».




