O programa "Mulleres Caldelás" ofrece servizos totalmente gratuítos de consulta psicolóxica e xurídica, dispoñibles todas as semanas de forma presencial ou en liña, a petición das solicitantes. Ademais, inclúe unha serie de actividades formativas deseñadas para o desenvolvemento persoal e profesional das mulleres.
As actividades formativas abranguen temáticas como a formación en igualdade e violencia contra mulleres e nenas, a temática LGTBI, e a intelixencia artificial (IA) na vida diaria para reducir a fenda dixital, incluíndo a confección de currículos e contactos para o emprego. Tamén se abordan temas como "Voando soños reais" e carreiras STEM para nenas, así como alimentación antiinflamatoria.
Os obxectivos principais do programa foron fomentar as habilidades laborais e persoais, as competencias, as capacidades e a autoestima das mulleres de Caldelas. A iniciativa tivo unha gran acollida, con moitas usuarias que expresaron a súa satisfacción polos coñecementos adquiridos, que lles axudaron na xestión das súas capacidades a nivel profesional e persoal.
O programa logrou sensibilizar en igualdade, recoñecer as distintas violencias que sofren mulleres e nenas, e os recursos para afrontalas. Tamén se puxo de relevo a toma de conciencia sobre o valor dos coidados invisibles e os factores que se unen á violencia estrutural. As participantes finalizaron os talleres con maior ánimo e unha maior conciencia do seu papel na sociedade.
Este programa foi financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e cofinanciado pola Unión Europea.




